miércoles, 23 de marzo de 2016

ARQUITECTURA DO SÉCULO XIX

O traballo foi realizado por Tania, Paula e Marcos. Nel falamos da arquitectura propia do século XIX no que dividimos as tarefas entre os tres compoñentes.

Ao inicio do traballo, o primeiro día, limos a tarefa que nos tocou, de seguido, fumos ao aula de infórmatica, alí buscamos imaxes relacionadas co traballo para poder añadilas ao vídeo. Foi unha hora moi ben aproveitada porque ao final todas ás imaxes do video foron recopiladas nesa hora. 

O segundo dia Paula ofreceuse a levar o seu ordenador porque tiña un programa especial (Sony Vegas pro12) programa que facilita á hora de facer videos coma o do noso traballo. Paula ensinounos a Tania e a min como funcionaba e nós o entendimos e aproveitamos esa hora ao máximo montando o video. O día anterior enviáralle fotos a Paula para facilitar o traballo á hora de chegar a clase. Dividimos o traballo en tres partes e cada un realizou a súa. Chegamos a rematar o vídeo e coa voz en off xa pensada.

O terceiro dia non sabíamos que había que traer o ordenador de novo, polo que non o trouxemos, xa que nós xa  realizaramos o vídeo e só nos faltaba a voz en off. Era o que nos faltaba e o fixemos co móvil.

Dado a que o dia anterior non pudimos acabar co vídeo definitivamente, o domingo viñeron a miña casa Tania e Paula para poder rematalo.

Neste traballo aprendín moitas cousas de Barcelona, Gaudi, e diferentes sitios nos que me van a servir para a viaxe cultural que imos realizar a Barcelona.

Estou moi contento co meu grupo, penso que podemos traballar moi ben se sacamos o mellor de nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario